Aller au contenu
360expBêta publique
Se connecter
Retour aux événements
Shows 18 out: Dobre Sesión:  On/Off + Crosover
Autres

Shows 18 out: Dobre Sesión: On/Off + Crosover

Dimanche 18 octobre 2026 · 20:30Santiago de Compostela

Enregistrez l’événement et nous vous prévenons si la date, l’heure ou le lieu change.

Description

Lire la suite

ON/OFF - Kancaneo e artistas multidisciplinares   Unha proposta de impro performativa, onde o teatro, a música, a iluminación, a danza e a manipulación de obxectos, a proxeción de video e a plasticidade xogan nun espazo misterioso, un lugar para descubrir, onde o son, as luces e as sombras, son as protagonistas. Oscilando entre o abstracto e o concreto, este long form é un mapa de coordenadas e códigos grupais, un xogo de pistas que circula arredor dun tema proposto polo público. As integrantes do laboratorio de investigación escénica dirixido pola Compañía Kancaneo exploran as posibilidades escénicas da impro máis alá do que estamos afeitos a ver.   Direción: Kancaneo Teatro Elenco: improvisadoras de distintas disciplinas e procedencias Duración: 50 minutos. Idioma: multilingüe   CROSSOVER - Al Tran Tran & Friends   Al Tran Tran xúntase con improvisadoras locais e convidadas para retomar a forma máis pura da súa esencia: a creación de cancións ao instante a partir das suxestións do público. Non é un concerto nin unha obra de teatro; é todo iso e moito máis. Un espectáculo de humor, música e impro, unha festa onde todo é posible. Inventarán cancións con estribillos pegadizos dunha gran variedade de estilos (pop, rock, flamenco, reguetón, punk, trap, reggae, etc.) e crearán historias teatrais con finais hilarantes. O público rirá e cantará melodías nunca antes escoitadas, converténdose nun convidado de honra dunha celebración vibrante, prometendo converter a velada final do Festival Imperdible nunha noite para lembrar sempre.   Elenco: Ángel Cantizani, Luis de Pablo e improvisadoras convidadas Duración: 70 minutos  Idioma: español

Où

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, Saint-Jacques-de-Compostelle, Espagne

Voir tous les événements de ce lieu